Julio Camba
Infancia
Julio Camba naceu en 1884 e seguiu a estela do seu irmá dedicando a súa vida ao mundo das letras. Se por algo se distinguía era pola devoción que tiña polo seu pobo natal, ao que regresaba para gozar de momentos de calma e desconexión.
Desde ben pequeno dedicouse ao mundo das letras. De feito, o seu irmá maior facilitoulle a oportunidade de colaborar con algunhas publicacións da época como La Idea Moderna (Lugo). A partir de aí comezaría a súa prolífica carreira periodística.

Xuventude e anarquismo
Cunha vida máis convulsa que a do seu irmá, sendo adolescente escapouse de casa para embarcase como polisón nun barco a Arxentina. En Bos Aires -onde realizou algunha colaboración con xornais galegos editados na cidade- ten o seu primeiro contacto directo co Movemento Anarquista. Chegou a colaborar na organización da folga xeral de 1902. Por este motivo foi deportado a España xunto con Adrián Troitiño, outro galego que colaborara neste movemento.
Pouco despois do seu regreso marchouse para Madrid, ao igual que o seu irmá, aínda que seguiu en contacto directo co anarquismo. Na súa primeira época na capital española colaborou co periódico Tierra y Libertad, para despois fundar a súa propia publicación xunto con Antonio Apolo, denominada El Rebelde.
Xornalismo nacional
En 1905 comezou a traballar en El País para, dous anos despois, incorporarse a España Nueva, onde foi cronista parlamentario. Destacaban os seus textos cunha prosa brillante, non exentos de escepticismo con respecto á situación sociopolítica da época.
En 1907 foi chamado a declarar pola súa suposta implicación no atentado contra Alfonso XIII o día da súa voda, que tivo como cabeza ao anarquista Mateo Morral. Tras este episodio incorporouse, xa como correspondente, a La Correspondencia de España, sendo Estambul o seu primeiro destino, onde cubriu as eleccións e o cambio de réxime.
Tras esta etapa, foi fichado por El Mundo para exercer como correspondente en París e Londres, e finalmente se incorporaría a ABC, onde colaborou ata case a súa morte. Sería nesta época cando foi responsable das corresponsalías do rotativo nas principais capitais do mundo occidental, como Berlín, Roma ou Nova York.

Arraigo en Vilanova
A pesar das súas constantes viaxes, sempre que podía regresaba a súa Vilanova natal para reencontrarse coas súas orixes, coas paisaxes re recunchos que amaba do seu pobo. De feito, pasou a Guerra Civil na localidade, sendo, nalgúns casos, fortemente criticado por elo. Desde algúns xornais da capital chegábanlle airadas burlas dos seus detractores, dicindo cousas como que “Camba anda escondido por Galicia rezando o rosario”. Opinións a un lado, Julio Camba aproveitou este case obrigado paréntese para reencontrarse cos seus amigos da infancia, como Pepe Roig, para percorrer o paseo de O Cabo, desfrutar dun bo baño na praia do Terrón -na que practicaba nudismo- ou dos faladoiros no Casino.
Finalizada a Guerra Civil, trasladouse a Lisboa, onde caeu enfermo, afectado do Síndrome de Ménière. En 1945, regresa a Madrid e vese obrigado a deixar de viaxar, polos fortes síntomas da súa enfermidade, que lle impedirán regresar a súa Vilanova natal. En 1949, estableceu a súa residencia no Hotel Palace. En 1951 obtivo o premio Mariano de Cavia e durante anos consideróuselle o xornalista mellor pagado de España. Falece en 1962 a causa dunha embolia, aos 77 anos.
Legado
Os seus artigos, cargados de ironía e humor, destacan por ser un fiel reflexo da súa época. Na súa obra conta con cerca dunha trintena de publicacións, gran parte das cales inclúen artigos publicados en diversos medios de comunicación. Especialmente destacada é La casa de Lúculo ou El arte de comer (1929), que se considera toda unha referencia do xornalismo gastronómico. Tamén resultan imprescindibles outras recompilacións de artigos que foran publicados en ABC acompañados de caricaturas de Lorenzo Goñi e Antonio Mingote.