Saltar ao contido

Casa Museo Irmáns Camba

Cabecera exposición

Exposición

A Casa-Museo Irmáns Camba conta cunha ampla exposición, integrada por paneis informativos e complementada con libros, publicacións e outra variada documentación.

Aquí poderás realizar un completo repaso á vida e obra dos Irmáns Camba, tan estreitamente vinculados a Vilanova de Arousa. Precisamente na súa casa foi onde crearon a súa propia publicación -que editaban entre as paredes das súas habitacións-.

exposicion

O espazo museístico foi recentemente ampliado e renovado polo Concello de Vilanova, que contribúe a salvagardar a memoria e a poñer en valor a estes dous artistas da palabra. A mostra divídese en dúas partes, correspondentes a cada unha das plantas: o baixo, dedicado a Francisco Camba, e o primeiro piso, a Julio Camba.

Imaxes, documentos e unha parte dos volumes que compoñían a biblioteca dos Irmáns Camba -con case un centenar de exemplares- integran este espazo museístico.

Planta baja

Planta baixa-Francisco Camba

Seguindo os paneis informativos realizarás un repaso á vida, obra e contexto histórico de Francico Camba. Deste modo, poderás descubrir a Vilanova de Arousa dos anos 20’s e como Paco Camba -o maior dos irmáns- describía o pobo que lle veu nacer. Ademais, coñecerás a súa amizade con grandes artistas da época como o escritor Ramón Cabanillas e o escultor Francisco Asorey, ambos de Cambados.

Na mostra atoparás variados documentos que testemuñan a súa carreira como xornalista e escritor. Verás extracto e páxinas de distintos medios como La Idea Moderna (durante a súa época como mestre en Lugo); El Imparcial (en Madrid), así como portadas de varias das súas novelas.

Chamarán tamén a túa atención outros recoñecidos escritores e artistas que Francisco Camba foise atopando na súa época en Madrid. Entre eles se atopan o propio Ramón María del Valle-Inclán, Pío Baroja ou Rubén Darío, asiduos dos faladoiros literarios aos que acudían durante a súa estancia na capital española.

Primera planta

Primeira planta-Julio Camba

Subindo o patín chegarás á segunda parte da exposición, dedicada a Julio Camba. Ao igual que no caso do espazo no baixo da Casa-Museo, realizarás un repaso á vida, obra e contexto histórico do considerado como primeiro correspondente de prensa no estranxeiro de España.

 Nos paneis explicativo poderás comprobar a estreita vinculación que Julio Camba tiña con Vilanova de Arousa, onde regresaba sempre que podía. Así o poderás observar nas descricións que realizaba de distintos lugares, como, por exemplo, o paseo marítimo. Un percorrido que tamén podes seguir a través do itinerario literario A Vilanova de Julio Camba.

Achegaraste á prolífica obra xornalística deste autor a través dos artigos escritos desde as principais capitais do mundo occidental (Londres, París, Xenebra ou Nova York, entre outras). Tamén se expoñen imaxes doutras publicacións, que Camba realizou con periódicos como El País, Tierra y Libertad, El Rebelde -diario que fundou con Antonio Polo- ou, incluso, ABC.

Entre os obxectos que se mostran, destaca a biblioteca persoal dos Irmáns Camba, con diferentes publicacións. Estas foron recentemente doadas á Casa-Museo por parte da familia de Pastor Pombo, que mantiña unha moi estrita amizade cos Camba. Un de ditos documentos testemuña incluso que tanto Francisco como Julio foron alumnos deste recoñecido veciño vilanovés.

Xusto antes de finalizar o percorrido atoparás un recuncho do máis especial, dedicado ao ben comer. O espazo conta cunha mesa, con mantel e prato que fai unha chiscadela ao libro La casa de Lúculo ou El arte de comer. Trátase dunha publicación de referencia para xornalistas especializados en gastronomía e na que Julio Camba valíase da experiencia nas grandes capitais do estranxeiro para falar sobre cociña, nun texto sempre marcado pola característica ironía e humor do escritor.

Galería

Ir o contido Haz clic para escuchar el texto