Francisco Camba
Infancia
Nado no ano 1882, Francisco (Paco) Camba mostrou desde moi pequeno a súa devoción polas letras. En 1898, sacou o título de Mestre e un dos seus primeiros destinos foi Portomarín. Aproveitou a súa estancia nesta localidade para colaborar con distintos medios da época como La Idea moderna ou El Lucense. Tras percorrer outros destinos, finalmente decidiu trasladarse a Madrid para seguir a súa vocación de novelista, carreira que comezara en 1990.

Xuventude e anarquismo
Mudouse á capital española en 1902 e alí coñeceu a grandes intelectuais da época, entre os que se atopaba o propio Valle-Inclán. Camba colaborou con distintos medios, destacando El Imparcial. Fíxose asiduo dos faladoiros literarios que se desenvolvían no Novo Café de Levante e a Horchatería de Candelas, onde coñeceu a autores como Rubén Darío ou Pío e Ricardo Baroja.
Tralo seu paso por Bos Aires, regresou a Madrid para continuar a súa labor literaria. Especialmente convulsa resultou a época da Guerra Civil, que pasou na capital de España, e que lle serviu de aliciente para a creación de novas obras.
A súa obra
A súa obra se divide en varias etapas, das cales se poden destacar dúas. A primeira delas céntrase na novela costumista, destacando a publicación Los nietos de Ícaro, considerada a primeira novela española sobre a aviación. Tamén é remarcable a obra El vellocino de plata, centrada na emigración a América.
A segunda etapa se encadra dentro do xénero de novela histórica. Neste caso, e froito da súa estancia en Madrid durante a Guerra Civil, destacan os Episodios Contemporáneos. Seguindo un pouco a estela de Pérez Galdós mesturaba nos seus escritos a realidade vivida nesta etapa coa ficción. Maior importancia ten a súa novela autobiográfica Madridgrado (1939), onde reflexa as súas vivencias durante a Guerra Civil.
As obras de Francisco Camba gozaron de gran acollida durante a súa época. Sen embargo, non chegaron de igual maneira á actualidade, como no caso das do seu irmá, Julio Camba, cuxas publicacións aínda seguen sendo referencia. Faleceu en 1948 en Madrid, aos 65 anos.