Saltar ao contido

Casa Museo Irmáns Camba

CASA MUSEO
IRMÁNS CAMBA

HORARIO DE INVERNO
M-S: 10:00-14:00 / 16.30-19:30 horas
D: 10:00-14:00
HORARIO DE VERÁN
M-S: 10:00-14:00 / 17:30-20:30 horas
D: 10:00-14:00

Descobre o mundo dos Irmáns Camba!

Presentámosche a vivenda na que naceron e se criaron dous destacados escritores do século XX. Esta Casa-Museo farache viaxar no tempo a través da vida e obras dos vilanoveses Julio e Francisco Camba.

La casa

Francisco Camba

Formado inicialmente como mestre, deixou esta profesión para dedicar a súa vida profesional ao mundo das letras. Destacou en xéneros como o costumista, que desenvolveu nunha primeira etapa da súa carreira, e a novela histórica. Considérase o autor da primeira novela española centrada no mundo da aviación. Ademais, colaborou con importantes periódicos de principios do século XX.

Julio_Camba

Julio Camba

Destaca por ser o correspondente de prensa español máis importante do século XX. Exerceu o seu labor periodístico en grandes capitais do mundo occidental como París, Londres, Berlín, Xenebra ou Nova York. A súa obra, tanto literaria como periodística, reflexa tamén a súa estreita vinculación con Vilanova de Arousa, lugar ao que regresaba sempre que podía.

Colección expositiva

Mergúllate na vida e obra dos irmáns Camba a través dos paneis expositivos, documentación diversa e unha ampla colección da súa biblioteca persoal que atoparás nas dúas plantas da Casa-Museo. O baixo dedícase á figura de Francisco Camba, mentres que a primeira planta céntrase en Julio Camba.

Planta baixa

Primeira planta

Itinerario literario

Gustaríache coñecer os recunchos que marcaron a vida do destacado correspondente no estranxeiro? O itinerario A Vilanova de Julio Camba ábreche as portas ás paisaxes e escenarios que mencionaba nos seus escritos.

Visítanos

Localización

Rúa Irmáns Camba s/n.
36620 – Vilanova de Arousa

Horarios

É necesaria reserva previa chamando ao 986 555 493 ou por correo electrónico museos@vilanovadearousa.gal
HORARIO DE INVERNO
Martes a sábado de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 19:30h
Domingos de 10:00h a 14:00h
HORARIO DE VERÁN
Martes a sábado de 10:00h a 14:00h e de 17:30h a 20:30h
Domingos de 10:00h a 14:00h

Entradas

Incluída na entrada da Casa-Museo Valle-Inclán

É necesario facer reserva previa no teléfono:

  • 986 555 493
  • 604 004 040

Contacta

Se queres reservar unha visita á Casa-Museo Hermanos Camba ou facer calquera outra consulta, podes chamarnos ao teléfono 986 555 493 ou cubrir este formulario.

Encantaríanos axudarte!






    *Campos obrigatorios

    Protección de datos de carácter persoal (RXPD 2016/679 e LOPDGDD 3/2018)

    RESPONSABLE: Concello de Vilanova de Arousa; FINALIDADE: Responder á solicitude ou consulta da persoa interesada e no seu caso, enviarlle información relacionada sobre a actividade de turismo do Concello de Vilanova de Arousa, contando co seu consentimento; DESTINATARIOS: Non se cederán datos a terceiros; DEREITOS E INFORMACIÓN ADICIONAL: Permítese o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación ou supresión, entre outros. Toda a información atópase accesible na información detallada da nosa Política de privacidade.

    Ir o contido Haz clic para escuchar el texto